Xabi Lomba: Voz, guitarra ritmica, Hammond e teclados
Influences
The Jeevas, Stereophonics, Supergrass, Kula Shaker, Ocean Colour Scene, Live, Collective Soul, Los Planetas, Teenage Fanclub, The Posies, Lori Meyers, Doves, Reef, Los Piratas, Lemonheads, Nada Surf, Pearl Jam, Screaming Trees, Stone Temple Pilots, Lit, R.E.M., Violent Femmes, Mansun... e por suposto os clásicos! Queen, Pink Floyd, Led Zep, Beatles, Free, The Who, etc, etc.
Balbordo nace no concello pontevedrés da Guarda a comezos de 2003 e defínese como unha banda de pop-rock con gran protragonismo das guitarras e unha grande preocupación por elaborar liñas vocais cheas de harmonía e melodía.
Con letras maioritariamente en galego, Balbordo gravou a súa primeira maqueta en febreiro de 2003, e outras duas máis en setembro de 2003 e xullo de 2004 respectivamente.
En Decembro de 2004, o semanario “Gaceta Universitaria” escolle a Balbordo para tocaren nunha festa có gallo da edición do seu número 500 no teatro Roberto Vidal Bolaño na Cidade Universitaria de Vigo.
En xuño de 2005 saen elexidos finalistas do 2º Certame de Rock Universitario en Galego, “Campusons”, organizado por Sons Galicia e as tres universidades galegas depois de defender o seu sólido directo nas semifinais celebradas na Praza Miralles no campus universitario de Lagoas-Marcosende de Vigo.
No mes de agosto dese mesmo ano, a revista especializada “Guitarra Total” elixen a maqueta “Alunizados” (Setembro 2004) coma maqueta dese mes.
En outubro de 2005, Sons Galicia edita catro temas de Balbordo no compilatorio Campusons – Rock universitario en galego Vol.2
O tema de “Éche o meu destino” foi incluido recentemente como banda sonora da curtametraxe “¿Tes O.R.A.?” rodada no apartado Mobilízate, 1º festival de curtas rodadas con móbiles da feira do audiovisual Nova Factory ’06.
En Setembro de 2006 Balbordo decide facer un parón técnico indefinido có fin de que os membros que conforman a banda teñan tempo abondo para rematar os seus estudos universitarios
We're now accepting submissions for our next mixtapes, please submit your info at www. coast2coastsubmissions. com for your chance to get a spot on the next mixtape!
Aberto prazo de inscrición gratuíta para o Obradoiro de composición de Santiago Auserón. 24-28 de marzo Na Coruña (palexco). Se queres asistir só tes que enviar un correo indicando nome completo e localidade de procedencia a: cultura@coruna.es Máis info en http://acorunason. eu Saúde!