É
un grupo de teatro que xunta artistas de diferentes sectores das
artes escénicas co obxectivo de crear espectáculos en
clave de cabaré.
Con
sede na Coruña, creada co gallo do I Festival Galego de Cabaré
( Cabaré3 Oleiros 2006), e cunha forte implicación no
Festival Galego de Cabaré (Cabaré3 Pontevedra 2007),
conta cunha escola propia de formación e ten no elemento
formativo un alicerce fundamental do seu funcionamento.
No
III Festival Galego de Cabaré (Cabaré3 A Coruña,
setembro de 2008) consolida a súa actividade coa presentación
de tres espectáculos que a definen como unha das apostas máis
sólidas do panorama teatral galego en torno ao cabaré
contemporáneo.
Composta
por un nutrido grupo de artistas entre os que atopamos malabaristas,
bailarinas, actrices ou cantantes, ten a súa base de
funcionamento no afondamento, galeguización e recreación
do cabaré, creando propostas de rúa, espectáculos
de sala e actualizando o xénero.
Dirixida
por Nelson Quinteiro, quen á vez dirixe o Festival Galego de
Cabaré ten en funcionamento tres espectáculos de corte
e filosofía ben diferenciada.
1)
CaBaRéDeAmBuLaNtE
CaBaRéDeAmBuLaNtE
é o espectáculo de rúa da Compañía
Femme Fatale con música en directo do cuarteto Jazz St. James
Street Band. No ano pasado este espectáculo convirtiuse no
producto estrela da Compañía, que percorreu prazas como
San Fernando de Henares, Madrid, Verín, Lugo, A Coruña...ou
participou en festivais como o Festival Visible, o Festiva da Palabra
ou o III Festival Galego de Cabaré.
CaBaRéDeAmBuLaNtE
é o nome deste espectáculo de rúa
que consiste na irrupción dun cabaré ambulantena
realidade máis cotidiana, nunha explosión de color,
sensualidade, ambigüedade e altas doses de glamour envoltas
baixo un fío conductor coreográfico.
4 músicos
(caixa, tuba, saxo e trompeta) acompañados de 5 actrices e un
mestre de cerimonias nada convencional que convertirán unha
alameda nun Music Hall, unha avenida nun boulevar ou o kiosko dos
músicos no escenario dun can can.
Despois
dun novo proceso de montaxe en xaneiro de 2009 o CaBaRéDeAmBuLaNtE
amósase como un espectáculo dinámico de
intervención urbana, coreografías e posta en escena do
máis cabareteiro. Interveñen nel Óscar Prieto
(tuba) GDJazz Pereiro (trompeta) Fernando Bouzón (saxo)
Javier Barral (caixa) e Nuria Sotelo, Uxía Vázquez,
Maisha Ramos, Débora Botana, María Polo, María
Manero e Nelson Quinteiro.
IDEA,
CONCEPTO E DIRECCIÓN: Nelson Quinteiro
DURACIÓN:
100 minutos
Con
máis de 20 funcións ás súas costas o
espectáculo aparece
como unha proposta festiva, visible e orixinal de prantarlle cara á
crise.
VARADAS
é a proposta da Compañía Femme Fatale de
achegarse ao cabaré dende unha perspectiva contemporánea.
A
acción situase nun cabaré abandonado onde cada noite
danzan as pantasmas doutros tempos.
Pantasmas
de muller interpretados por 7 actrices nunha montaxe que non escatima
en coreografías, monólogos e postas en escea que
mesturan o cabaré convencional con novas propostas como a
danza ou a escea contemporánea postas ó servizo da
poesía e do discurso de xénero.
Inaugurada
no III Festival Galego de Cabaré na Coruña, e formando
parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, VARADAS destacou pola
súa orixinalidade e pola forza que ten ver a 7 mulleres sobre
as táboas.
Que
nos contarán as pantasmas dun cabaré? Que historias
e segredos, que testemuñas e cantos de serea, que soños
afogados desvelarán as súas verbas? Que poesía
desprenderán da súa propia decadencia?
Fusionando
o cabaré con outras disciplinas... e falando das mil e
unha mulleres que se atopan detrás de cada muller, VARADAS
percorre en cada movemento unha forma de expresar, un sentimento
agochado, un canto de visibilidade e de denuncia.
Un
cabaré novo, contemporáneo e definitivamente poético.
IDEA,
CONCEPTO E DIRECCIÓN: Nelson Quinteiro
ELENCO:
Cris Mariño, Débora Botana, Eva Arias, María
Manero, María Polo, Nuria Sotelo, Yolanda Paz
ESCENOGRAFÍA:
Tabo Ayala
DESEÑO
DE LUCES: Jesús R.Arias
DURACIÓN:
100 minutos
Estreada
no Fórum Metropolitano da Coruña o 27 de setembro de
2008 formou parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, da Rede
Cultural da Excma Deputación da Coruña e do ciclo
“Outono en Danza” do Excmo Concello de Cangas.
O
21 de febreiro de 2009 será estreada na Sala Capitol de
Santiago de Compostela o noso novo e máis recente espectáculo,
CABARÉNCRISE, que presenta ao cabaré como o mellor
balsamo para os tempos de crise como os que vivimos: REDUCIR.
RECICLAR. REUTILIZAR. As tres erres aparecen sempre como unha
recurso irremplazable á hora de remediar calquer reducto de
crise. Por iso dende a Compañía Femme Fatale
pensamos que a mellor opción para facer frente á crise
era facer un REMAKE. Facer un remexido, un tutti frutti, unha
mestura coas nosas mellores coreografías, os nosos mellores
guións, as nosas mellores escenas, o mellor do mellor, la flor
y nata, lo más granado, los últimos éxitos del
tomate y del papel cuché...” Din que as segundas
partes nunca foron boas, pero esta non é unha versión,
nen unha secuela... este é un remake. Un remake porque
estamos en crise. Un espectáculo de cabaré de máis
de 100 minutos de duración con música en directo coa
banda St James Street Band, un corpo de 6 bailarinas, un mestre de
cerimonias nada convencional, unha cantante de jazz, unha bailarina
de danza contemporánea, un malabarista, proxeccións
audiovisuais e un feixe de disciplinas unidas baixo un fío
conductor de nocturnidade... alevosía e diversión. O
mellor bálsamo para os tempos de crise... CA-BA-RÉ...
MÚSICOS:
St James Street Band: Óscar Prieto (tuba) GDJazz Pereiro
(trompeta) Fernando Bouzón (saxo) Javier Barral (caixa)
ELENCO:
Nuria Sotelo, Uxía Vázquez, Débora Botana, María
Polo, María Manero, Yolanda Paz e Nelson Quinteiro
Festival
Internacional de Teatro de Rúa de Lekeitio (Bizkaia)
20:30
Porto de Lekeitio
8
de agosto. LAXE. CaBaRéDeAmBuLaNtE
20:00
Festival de Jazz de Laxe
9
de agosto. VIGO. CABARÉNPEDRA
22:00
Pza da Constitución
Festas
de Vigo
25
de setembro. A CORUÑA. CaBaRéDeAmBuLaNtE
IV
Festival Galego de Cabaré
20:00
Obelisco-zona viños
26
de setembro. A CORUÑA. CaBaRéDeAmBuLaNtE
IV
Festival Galego de Cabaré
12:00
Rúa Barcelona-Mercado das Conchiñas
29
de setembro. A CORUÑA. CABARÉNCRISE
IV
Festival Galego de Cabaré
21:00
Fórum Metropolitano da Coruña
3
de outubro. A CORUÑA. GALA
FEMME FATALE
IV
Festival Galego de Cabaré
21:00
TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
7
de novembro. VIGO. CABARÉNCRISE
Rede
Galega de Salas
20:00
Sala Arte Livre
8
de novembro. VIGO. CABARÉNCRISE
Rede
Galega de Salas
20:00
Sala Arte Livre
ACTUACIÓNS
XA CELEBRADAS: 21
de febreiro.
SANTIAGO DE COMPOSTELA.CaBaRéDeAmBuLaNtE20:00
Pza de Cervantes-Pza do Toural 21
de febreiro.
SANTIAGO DE COMPOSTELA.Pregón
de Antroido21:00
Pza do Toural 21
de febreiro.
SANTIAGO DE COMPOSTELA. CABARÉNCRISEESTREA
22:00 Sala Capitol 6
de marzo.
ABEGONDO.CABARÉNCRISE20:00
Restaurante El Pantano 1
de abril.
A CORUÑA.RONDA
POÉTICA12:00
Campaña A Cidade que Lee 4
de abril.
A CORUÑA.RONDA
POÉTICA12:00
Soho do Orzán 23
de abril.
A CORUÑA.RONDA
POÉTICA19:00
Estación da Renfe 25
de abril.
A CORUÑA.RONDA
POÉTICA19:00
Feira do Libro da Coruña 16
de maio.
OURENSE.RONDA
POÉTICA19:00
Roteiro Poético
Este comentario fue enviado por tu amigo por medio de la aplicación Music iLike. Para bloquear esta aplicación y todas las comunicaciones de ella, haga clic Aquí.
-------------------------------------------
Cecilia dedicated a song to you!
Hola Nelsiño esta canción me gusta mucho a ver si te gusta, no se si la conoces, es del CUARTETO DE NOS, la letra esta padre el video lo puedes ver en youtube. bicos