Crema de gaita é un grupo folk con insignia distintiva que abrangue formas pouco convencionais na música folk concibida en Galicia, achegándose aos ritmos latinos como son o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova. Galicia posúe uns lazos culturais máis estreitos con Latinoamérica, a causa do fenómeno da emigración, que con outras culturas atlánticas que se tenden a fusionar habitualmente coa música galega. Non obstante, Crema de gaita non rexeita as influenzas euroatlánticas nin versións de temas da música tradicional galega, para demostrar as múltiples posibilidades que ofrece a gaita en numerosos estilos, fuxindo así do tópico no que está encadrada na actualidade. Crema de gaita aposta por un estilo orixinal e transgresor no que conflúe a música tradicional, popular e culta, nun intento de irmandar as diferentes culturas que conviven na actualidade. Este eclecticismo musical é froito do percorrido dos membros do grupo en diferentes eidos, como as bandas de música, orquestras, formacións tradicionais galegas e conservatorios, e todo tipo de grupos jazz, pop, rock, electrónica e de fusión.O groso do repertorio constitúeno fundamentalmente as composicións de Ernesto Campos, membro de Crema de gaita e autor de temas gravados por artistas da talla de Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane. O grupo Crema de gaita ofrece un espectáculo acústico e sen artificios, cunha proposta escénica que busca convencer e entreter a todo tipo de público. --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Crema de gaita is a folk group with a characteristic mark, which embraces genres which are not many conventional in the folk music created in Galicia. Crema de gaita gives an approach to the Latin rhythms such as tangos, tumbaos, boleros, habaneras or bossanova, since in the view of the group, Galicia and Latin-America are joined by such closer cultural ties than Galicia and Atlantic cultures’, which are used to be fused at the present time. However, Crema de gaita does not reject the euroatlantic influences or Galician traditional music versions, in order to show the multiple means that Galician bagpipe gives in several genres, to avoid the cliché in which this instrument is currently typecast. Crema de gaita bets on an original and transgressor style in which traditional, popular and art music converge, in an attempt to unite the different cultures that coexist at the moment. This musical eclecticism is the result of the musicians’ path in different fields, such as music bands, orchestras, Galician traditional groups and conservatories, as well as every kind of jazz, pop, rock, electronic and fusion groups. Most of themes are basically compositions of Ernesto Campos, who is a Crema de gaita member and author of themes which have been recorded by famous artists such as Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño or Susana Seivane. The group Crema de gaita offers an acoustic show, without artifices, whose staging is suitable for general public.
|
|