:: PROXECTO GALLAECIAN ::
(SOLUCIÓNS PARA BANDAS EMERXENTES)
¿Tes unha banda? ¿Tes novos temas? ¿Estás a grabar?
¿Cal é o teu próximo paso? ¿Cómo vas promocionar a túa música?
Esta nova edición conta con 18 novas bandas, entre elas hai desde bandas consagradas no underground galego ata novas e prometedoras formacións, pero o importante é que nesta ocasión o proxecto vai acompañado de novos alicientes que teñen que sair da iniciativa privada posto que as institucións decidiron mirar cara a outro lado: esta segunda mostra do talento musical galego conta co respaldo da primeira publicación galega deste xénero musical, o Gallaecian Metal Compilation Magazine.
O Proxecto Gallaecian ofréceche unha opción planificada e tutelada para que poidas ir construindo a túa carreira musical dun xeito crecentemente profesionalizado xa dende o comezo.
Se pensas que tes un bo material, ganas de traballar nel e realmente consideras que esto é o teu, AGORA SI, por fin, tes un camiño definido no que dar os pasos máis difíciles nunha carreira musical.
Silent Tree Productions ofrece unha solución para bandas emerxentes artellada en tres puntos:
GALLAECIAN M. COMPILATION
Compilado de Rock Galego en calquera das súas variantes: Rock Urbano, Punk, Hardcore, Rock Estatal, Rock Clásico, Industrial, Indie Rock, Pop Rock, calquer tipo de Metal, etc.
O Compilado de bandas galegas de Rock por excelencia é a mellor plataforma de lanzamento para os novos talentos galegos.
¿Qué consegues participando no GALLAECIAN M. COMPILATION?
Formar parte do GALLAECIAN M. COMPILATION non é simplemente incluir unha canción nun CD Recopilatorio, o que consegues é difundir a túa música a nivel de medios de comunicación e de público mediante a súa difusión en radios, a súa distribución en tendas e a difusión promocional que Silent Tree Productions realiza periódicamente de tódalas súas edicións e lanzamentos.
Cada banda participante no Compilado opta automáticamente a eventuais entrevistas e/ou reseñas na revista GALLAECIAN M.C. MAGAZINE para que o público vaia coñecendo máis de preto as novas bandas galegas.
¿Cal é o prezo?
Se és un pouco pillo, non so non che costará nada senon que poderás comezar a rentabilizar o teu traballo como músico. O sistema que Silent Tree Productions ofrece non pode ser máis axeitado para unha banda ou artista emerxente. A tarifa de inscripción no Recopilatorio supón unha inversión que a banda ou o artista realiza en si mesmo, e non é máis que o xeito de facer que a música das diferentes bandas participantes circule posto que cada banda recibe unha cantidade de CDs cun valor real maior do que custa a cuota. Distribuindo estes CDs entre as amizades ou contactos máis cercanos non so recuperas o invertido, non so podes conseguir un beneficio económico, senon que estás difundindo a túa propia música e a música dos demáis.
Ti difundes a música de outros e outros difunden a túa, ninguén perde. E esto é só o comezo:
- A distribución do Recopilatorio será física nas tendas. Será o primeiro contacto da túa banda có mercado discográfico. Así pois todo o mundo terá a posibilidade de chegar á túa música a un nivel máis amplo.
- A promoción abarca programas de Televisión, radio, internet e locais galegos. Acabas de comezar a túa carreira e xa podes optar a unha difusión da túa música. Silent Tree Productions está en contacto con radios FM, Radios de internet, Televisións, etc, onde a túa música comezará a soar.
- O Compilado está ademáis apoiado por unha revista gratuita e bimensual que se distribúe en centos de locais de toda Galicia. Por se todo esto fora pouco a xente poderá seguir sabendo de ti e da túa música gracias á nosa revista GALLAECIAN M. C. MAGAZINE. É unha revista creada para apoiarte neste proxecto, para apoiar aos músicos galegos emerxentes na sua andadura musical.
Nos poñemos os medios, agora vos debedes poner a vosa mellor música. ¡Esta vez si vai ser escoitada!
INFÓRMATE:
gallaecian@silenttree.org
GALLAECIAN M. C. MAGAZINE
REVISTA DE ROCK BIMENSUAL GRATUITA EN GALEGO
Por fin está ao teu alcance publicitar de xeito eficaz e xeralizado.
Anúnciate por prezos absolutamente ridículos e opta a conseguir reseñas dos teus traballos musicais, entrevistas, e en definitiva un xeito de estar en comunicación co teu público potencial.
Esta revista:
- É GRATUITA
- Está distribuida en toda Galicia
- O contido é exclusivo de Rock feito en Galicia. Cunha atención especial ás bandas participantes do Compilado GALLAECIAN.
- Todo o mundo a pode atopar en pubs, cafeterías, estudios, salas de ensaio, escolas de música ou locais sociais alternativos.
No Blog pódese ver a relación de locais distribuidores da revista:
Un complemento ideal da publicidade da túa banda na revista é o CD Audio Recopilatorio GALALECIAN METAL COMPILATION.
¿Qué consegues anunciándote na nosa revista?
Consegues aforrar cartos e esforzos. Cun só anuncio publicitario obtés unha promoción que non é posible acadar empregando os medios existentes. Consegues chegar ao público axeitado mediante unha publicación especializada en música Rock que chega a todo o mundo grazas ao seu carácter gratuito e a súa distribución xeralizada.
¿Cal é o prezo?
Os prezos dos espacios publicitarios da revista son totalmente simbólicos.
Anúnciate desde só 15€ e empeza a disfrutar desde xa das ventaxas dos nosos servicios.
¡O prezo xa non é un problema!
INFÓRMATE DE TÓDALAS TARIFAS:
gallaecian@silenttree.org
E non olvides facerte cun exemplar da revista, ¡¡Lembra que é GRATUITA!!
O complemento ideal do GALLAECIAN COMPILATION e a GALLAECIAN MAGAZINE é realizar a primeira edición do teu traballo, as AUTOEDICIÓNS
AUTOEDICIÓNS:
Gracias a Silent Tree Productions os mellores recursos para editar a túa obra están agora ao teu alcance.
(FABRICACIÓN INDUSTRIAL—Non duplicación)
¿Tes xa un puñado de bos temas cos que entrar no mercado discográfico? ¿Estás a grabar o teu próximo Disco ou EP?
¿Cál é o seguinte paso? ¿Cómo vas editar a túa obra?
Optar pola autoedición abre portas. Móstrache o camiño da profesionalización tanto se queres dirixirte ás discográficas como se prefires controlar totalmente a túa propia carreira dunha forma independente.
Cunha edición totalmente profesional e preparada para a súa distribución en tendas podes escoller por ti mesmo o camiño.
¿Porqué autoeditar?
Cando unha banda emerxente ten unha boa mostra da súa música en forma de disco ou demo o seguinte paso é seguir difundido a súa música para acadar experiencia e unha boa base de público que dará opcións de optar a un contrato discográfico. Co proxecto Gallaecian as bandas galegas partirán con vantaxe. Gracias ao Gallaecian Compilation e á revista Gallaecian Magazine a túa banda está comenzando a confeccionar un valioso dossier que se complementa coas mellores autoedicións posibles e tódolos servicios que Silent Tree Productions ofrece. Este é o camiño axeitado para optar a un contrato discográfico.
¿Qué consegues editando con Silent Tree Productions?
- A mellor relación calidade-prezo que poidas atopar.
A calidade dun disco estampado (fabricado) é moi superior a un disco duplicado. Non levan a delicada capa de grabación dos CDs vírxenes, e hai unha total garantía de que tódalas copias son exactas ao máster orixinal.
Ao ser un proceso de grandes tiradas o abanico de posibilidades de estuchado (Packaging )é superior.
Podes coñecer tódolos detalles técnicos do proceso de fabricación desde a nosa web
www.silenttree.org/autoediciones/
- Un asesoramento sobre os aspectos técnicos e artísticos da propia edición así como de recursos que podes empregar para o rexistro dos teus temas e mesmo de alternativas a SGAE.
- Ter ao teu alcance os servicios necesarios que prepararán a túa edición para tódalas posibilidades de distribución física e dixital.
- Promoción e publicidade gratuita.
o Facendo a túa edición en Silent Tree Productions optas automáticamente a reseñas, eventuais entrevistas ou especiais no GALLAECIAN MAGAZINE.
o Incluirase o teu traballo en publicidade impresa e online corporativa de Silent Tree Productions.
- Tes a posibilidade de vender o teu traballo en internet a través de Paypal e na tenda online Silent Tree Shop desde onde poderá ser adquirido dende calquer lugar do mundo. www.silenttree.org/tienda
- Tes ao teu alcance a posibilidade de acceder aos servicios promocionais que Silent Tree Productions desenvolve, porque sabemos que a edición non é o final do traballo senon o comezo. Algúns dos servicios son os seguintes:
o Servicios de Prensa a través dun gabinete
o Servicio de Mailing empregando o noso Boletín de Información e Prensa destinado a medios de comunicación, institucións e empresas relacionadas coa música e a cultura como principal ferramenta.
o Publicidade na revista GALLAECIAN M. C. MAGAZINE
o Publicidade impresa con reparto e pegada en Galicia: flyers, posters, trípticos, etc.
E o máis importante tes a posibilidade de optar aos demais servicios que Silent Tree Productions ofrece e que fortalecerán a tua carreira musical gracias a xiras nacionais e internacionais, distribución nacional e internacional. O proxecto Gallaecian é o comezo dun camiño que, agora sí, ten pasos definidos. A partir de agora so o talento e o traballo definirán ás bandas que acadan o que buscan.
¿Cal é o prezo?
O prezo dun disco fabricado é moi inferior ao dun disco duplicado sobre soportes vírxenes. Hai casos nos que é o mesmo prezo facer 500 CDs fabricados que facer 200 CDs en duplicación.
Na nosa web podes ver as tarifas das edicións máis estándares. www.silenttree.org/autoediciones/
Infórmate no noso Dep. de Produccións Fonográficas onde trataremos de resolver todas as túas dudas e mesmo asesorarte sobre as mellores posibilidades para o teu traballo.
ediciones@silenttree.org
Silent Tree Productions á a primeira empresa galega vinculada ao rock e ao metal. Acumulou experiencia traballando coa banda máis emerxente de Galicia, Kathaarsys, e ofrece agora un camiño para que outras moitas bandas galegas podan optar, có tempo, a competir a un nivel internacional.
Kathaarsys é actualmente a banda máis internacional de Galicia con xiras mundiais, tres discos de estudio no mercado, recoñecemento a nivel mundial e é ademáis unha das bandas con maior proxección de todo o estado.
www.myspace.com/kathaarsys
A túa banda tamén pode sair adiante, Silent Tree Productions ofréceche tódolos servicios, asesoramento, e tódalas saídas e posibilidades necesarias. Así pois nos puxemos a infraestructura e agora soamente o teu talento, a túa capacidade de traballo e o que poidas transmitir coa túa música marcará a diferencia.
Benvido á primeira oportunidade galega de profesionalización no mundo do Rock.
www.silenttree.org
R.E.A.