Leite de Nai é un grupo de rock que surxe en Ourense a finais de 2005, das cinsas dos Singuer Mornins, grupo onde os tres membros iniciais se adicaban a esmagullar cancións de rock tradicionais. Trala separación, os tres compoñentes de Leite de Nai, Óscar (baixo e voz), Martín (guitarra) e Jose Antonio “bush” (percusión), lánzanse á difícil tarefa de compoñer temas propios nunha onda máis funki, pero con altas doses de rock-chámese-alternativo, e cantando no idioma mamado: galego.
Xa en marzo de 2006, despois de medio ano ensaiando nun soto próximo ó río-cloaca Barbaña no centro da cidade das Burgas, logran crear un repertorio propio duns 8 temas, e xurden as primeiras actuacións en festas, discotecas e bares de dudosa reputación, onde o trío se desenvolve con soltura (contando ademáis con algunha colaboración no teclado) e deciden deixar constancia do seu traballo no primeiro documento sonoro: “vrao” (2006), unha compilación de 5 temas propios, autogravados no local de ensaio cun vello PC, en riguroso directo, cun son cru pero honesto, que servirá ó grupo para coñecer a opinión de xente achegada e coñecidos sobre a súa música, tendo dito traballo un bo acollimento que os anima a continuar adiante.
Seguen aparecendo actuacións por Galicia durante os meses do vrao, co que o grupo logra perfeccionar o seu directo. Xa durante outono, o grupo adícase a ensaiar duro e compoñer os temas que presentarán na súa nova maqueta: “leite non hai” (2007), gravada nun estudio profesional (Mafia Records) durante unha mala resaca na ponte de decembro de 2006; este traballo trátase dunha compilacion de 5 temas novos, moito máis elaborados, con niveis de funki descoñecidos ata entón, potentes bases rockeiras, e certa dose de experimentación. A maqueta goza dun éxito relativo, gracias ó empeño e esforzo feito durante as minixiras de fin de semana (tocando venres e sábado) nas que Leite de Nai se embarca durante xaneiro, febreiro e marzo por todo o pais para promocionala, acadando un bo nivel de vendas. Tras un mes de vacacións, o grupo non se queda parado e volta ós ensaios ca vista posta no vrao de 2007, coa intención de xirar e seguir presentando o seu traballo en bares, pubs e mesmo nalgún festival, co que de novo percorren parte da xeografía galega, chegando a dar máis de 20 concertos ese ano.
Tralo vrao, en outono, chega a época da composición: o grupo péchase no local, e comeza a experimentar: ademáis de rock, novos ritmos funkis, bases rítmicas demoledoras, melodías imposibles e letras cercanas e desenfadadas, atrévense mesmo a probar coa música disco nalgún tema, creando “ajora sobra” (2008), nova maqueta gravada tamén en Mafia Records en xaneiro de 2008, que conta con 6 temas propios novos, que o grupo se adicará a presentar por todo tipo de locais, festas e festivais ó longo de Galicia durante todo o ano, acadando de novo un bo nivel de aceptación entre o público, e mesmo recibindo boas críticas de emisoras de radio e páxinas web especializadas. O grupo segue compaxinando directos con ensaios durante a pimavera, co gallo de seguir creando nova música e ter o repertorio a punto para o vrao de 2008,que decididamente pasa a ser a aposta do grupo para esta época: o directo.
Precisamente esa intención de continua medra, evolución e mellora, leva o grupo a probar novos membros para unirse ó grupo, que tras varios castings, e algún intento fallido, decidiu incluír en outono de 2008 a outro Jose Antonio, “champi”, na formación de Leite de Nai para tocar a guitarra, levando ó grupo a un novo nivel sonoro, máis potente e completo, dándolle unha pegada e actitude máis rockeira. Durante esta época, o grupo reedita as súas 2 maquetas nun só disco: “leite non sobra” (2009), para a xente que non pudo conseguir algunha delas. O grupo atópase na actualidade realizando actuacións esporádicas para rodar ó novo membro do grupo, e ensaiando para compoñer a que será a terceira maqueta, prevista para finais de xuño de 2009, e que se adicará a presentar polo país adiante durante o vrao.
Ey rapaces como vai todo? Se os peta xa podedes ver o novo video clip do tema "se desvanece" no noso espacio ou neste enlace http://www.youtube.com/watch?v=IiRIHwCa08A Apertas e agardamos veros canto antes por Vigo.