DEFINICIÓN
(De matriarca).
1. m. Organización social, tradicionalmente atribuída a algúns pobos primitivos, en que o mando residía Nas Mulleres.
2. m. Predominio ou forte ascendente feminino nunha sociedade ou grupo.
Na Prehistoria durante miles de anos, "... os núcleos de poboación se agruparon ante todo ao redor das nais,
Así que na Prehistoria e nalgunhas rexións aínda a principios dos tempos históricos, estivo vixente unha sociedade matriarcal pacífica na que o feminino xogaba o principal papel no mundo social.
Pero debido ao acoso e á violencia de pobos saqueadores cambiaron as súas actitudes pacíficas e permitiron a defensa das súas propiedades tamén por parte dos homes, o que provocou cambios profundos: como a súa plena dedicación á procreación.
En época arcaica, dada a crenza na ausencia de responsabilidade masculina na procreación, o varón adulto non se responsabilizaba dos fillos dunha muller e non existía vinculación masculina: as primeiras familias estaban compostas pola nai e fillos (igual que pasa entre os primates).
E desde a revolución patriarcal, as mulleres foron oprimidas para que cumprisen co papel que se lles adxudicaba: exclusivamente o de "procreadora", para que procreasen o maior número de fillos para o estado
LADYFEST GALIZA!!!!29 MARZO 2008
QUENES SOMOS? O LADYFEST é un festival baseado na música e a arte feita por mulleres, e está organizado por voluntarias. As orixes están no movemento Riot Grrlcoa filosofía feminista e a ética DIY (Do It Yourself).
NOSOS OBXECTIVOS?O obxectivo do Ladyfest é a visibilización da muller no mundo da cultura “independente” ou “underground”. Nunha sociedade non-sexista este festival non tería senso. Mais na nosa sociedade actual as mulleres estamos notábelmente marxinadas no mundo musical e artístico en xeral.
CANDO, ONDE E COMO?O Ladyfest Galiza 08 celebrarase o 29 de marzo e pretende continuar celebrando unha xornada similar cada ano mentras sexa posíbel. Esta primeira edición realizarase na Sala Breogain de Vigo (www.myspace.com/areamaster), un espazo único, de son inmellorábel e con aforo de 500 persoas únicamente, así que corre a mercar a túa entrada canto antes para non quedar fóra!!! Nel desenvolveranse varias actividades (simultáneas ou non) en apoio á muller nas artes: conferencias, ciclo de cinema, exposicións de arte plástica, fotográfica, obradoiros, etc e un concerto como peche do festival; intentado abarcar así o maior número de campos artísticos e non soamente un. Será unha das datas máis importantes do ano non só como evento de carácter artístico senón tamén ideoloxicamente progresista e cunha importante mensaxe. Servirá para dar a coñecer a todos aqueles que participen nel: tanto as bandas, como as/os artistas, as marcas e tendas que se involucren, a cidade de Vigo...
QUENES PARTICIPARÁN?Sen dúbida as principais protagonistas do festival son as mulleres, pero non discriminamos aos homes posto que defendemos unha igualdade real. Por isto mesmo, as actividades que se realizarán previamente ao festival para o seu apoio e parte da súa financiación, poderán actuar bandas sen integrantes femeninas. Pola contra, no festival anual poderán participar unicamente bandas con alomenos unha integrante femenina e artistas (escritoras, poetisas, directoras, etc) de sexo femenino. Obviamente poderán disfrutar do festival todo aquel que queira acudir e amosar o seu apoio á causa, independemente de que sexan homes ou mulleres. O LADYFEST GZ SOMOS TODOS!!!
este sabado 19-12-09 koncerto 8aniversario do programa eskoria ,sera na sala a farandula de vigo rua churruka ,11.30 da noite axuda pa radio 4 pavos e moitas sorpresas
If the kids are united punk Fest! 13 de Xuño Sala A Farándula Churruca-Vigo. Aforo limitado. O sábado 13 de Xuño teremos por primeira vez na Galiza a estes "chavales" das cloacas londinenses. 30 anos despois de proclamar que se os chicos da rúa están unidos xamais serán vencidos, de tocar nos Festivales potentes do RAR con bandas como The Clash diante de milleiros de persoas, de ser punto de axuda para que bandazas coma Cockney Rejects grabasen o seu primeiro ep (colandoos pola noite no estudo onde eles grababan) teremos o pracer de velos nunha pequena sala, en familia. Aproveita ise luxazo. Acompañaranos Impulsos Criminais, bandaza punkrocker de compostela e Post Mortem, punk clásico dende dende diversas aspas da Galiza. Reserva a túa anticipada Na Cova da Laxa (Cangas), Honky Town e Koxo Bar (Vicus) Bartolo (Compostela) ou en galizaempunk@hotmail.com. 13E Anticipada e 15 en Taquilla.
Con permiso,un pouco de publi. O VENRES 1 DE MAIO TERÁ LUGAR O 1º DSITURBIO ROCK AS 21:00 NA SALA COLISEO,PONTEDEUME(A CORUÑA) POR 8 EUROS CONCERTAZO DE PUNK CON : LOS TRONCHOS(BARCELONA) AKRATA(GASTEIZ) AFONIA(HERNANI-GIPUZKOA) POST MORTEM(GALIZA) .....E DESPOIS A FESTA CONTINUA NO BAR LA RUTA CON PINCHADA PUNK
Galiza Terror Tour! VÓMITO!!! un dos mellores grupos na historia do punk estatal pasearase polo imperio galaico o Venres 15 de Maio na Iguana Vigo e o 16 de Maio na Tiradoura de Cangas, acompañados de LoverCans e Post Mortem respectivamente. Ao noso parecer mereces algún castigo divino senón te achegas! Aforo limitado a 300 persoas o Venres e 200 o Sábado, así que apresura a conseguir a túa entrada nos espazos colaboradores ou de forma cómoda no mail: galizaempunk@hotmail.com. Prezo 10 e 12 pavos (anticipada e taquilla) E o 13 de Xuño na Sala Breogán de Vigo nen máis nen menos que Sham 69!!
Se queres coñecer ao verdadeiro lider e futuro presidente da Xunta de Galicia, se queres escoitar as suas promesas electorais e o seu compromiso co povo galego votante, se queres asistir con nós a toda unha lección democrática... NON O DUBIDES!!! Asiste a apoiar a Paco Rupto, o presidente do Partido Pringao. É o teu deber como pringao: VOTA PRINGAO e participa na festa democrática que te ofrecemos. Xa terás tempo e tempo despois para voltar como espectador ao sofá... MITIN-PASARRÚAS PARTIDO PRINGAO (Asiste vestido para a ocasión... O noso líder nos precisa) Vigo: sábado 21 de febreiro, saída às 17h dende a Porta do Sol
Varukers unha lenda viva do punk 82, crudo directo e acelerado e Crashed Out, probablemente o grupo cos mellores singles de OI! Dos noventa dende Inglaterra, Never Surrender co seu Arrasate streetpunk e Afonía dando donde doe cun punk clásico e rabioso dende EH, Samesugas, lendas do punk máis rock androlleiro, Ultima Sacudida contundencia con influencias que van de AntiHeros a Social Distortion e Post Mortem, punk de toda a vida de Galiza, que xunto a Delincuencia Sonora, uns clásicos de Madrid que empezaron con este con lA Banda Trapera del Riío (en breve cumpriran 30 anos nos escenarios), completan iste cartel.
Pois iso veciños/as o SÁBADO 29 de Novembro terá lugar na cidade de Ourense (polideportivo de Oira) un Festival disa música que chamamos punk, oi!, punkrock e demáis subgeneris cos grupos arriba específicados. A calidade e variedade de estilos no cartel están garantizadas, así como a bebida e comida e prezos populares.
O festival abrirá as súas portas as 18:00 (puntualísimo) dando comezo ás 19:00, pregávomos a máxima difusión xa que para un colectivo humilde coma o noso é un evento que ao mellor se escapa das noas posibilidades. O aforo é limitado, así que reservade a vosa anticipada no seguinte enderezo: galizaempunk@hotmail.com Um saúdo é moitas grazas!