Sentímonos influenciadas por distintos grupos de pandereteiras, fundamentalmente, pero sobre todo polas Leilía e Faltriqueira, aínda que non nos esquecemos de Carlos Núñez, de quen arranxamos un tema que foi o que nos empurrou algo cara arriba. Pero, tal e como pón na nosa galería, a nosa fonte de inspiración máis grande foi SEÑORA HERMINIA, a quen, aínda que desde hai tres meses non está con nós, sempre recordaremos desde aquela recollida, e moi especialmente desde a celebración do seu 100 aniversario (DEP).
Sounds Like
Como quen ou como que soa? Pois...é complicado, pero aínda que o noso son poida recordar a algún grupo, cremos que soa a PANDERETEIRAS DO VAL DA MAÍA, que soa a MAIANAS!!!! Cos nosos pros e os nosos contras, pero soa a nós, simple e llanamente.
O grupo de Pandereteiras do Val da Maía nace sobre o mes de outubro de 2007 logo de que algunhas das que no seu día formamos parte do grupo de pandereteiras do Obradoiro de Música e Baile do Concello de Ames decidiramos emprender a nosa andaina en solitario.
Ao amparo do Obradoiro, o concello de Ames decidiu gravar o noso primeiro traballo discográfico (que non está á venda), que presentamos no programa "Lume na Palleira", da Radio Galega, e baixo a excelente dirección de Emilio Españadero (moitas grazas polo teu apoio, Emilio), así como no programa "Comarcas", da Cadena Ser.
Co obradoiro do concello amiense actuamos por distintos lugares de Galicia e tamén de España e Portugal, acompañando a outros grupos de danza.
Agora, nesta nova e ilusionante etapa, xa actuamos no "Serán" que organizou o concello de Valga dentro do 1º Festival Interxeracional, nas actividades de Entroido da Asociación Pedra do Fuso (que ben o pasamos esa tarde todas revestidas e juapirmas), e nos actos de celebración do día do libro, que organizou o concello de Ames o pasado mes de abril. Tamén decidimos probar sorte no concurso "Cancioneiros", que organizou a Fundación Barrié, e tamén na sección de pandeireta do concurso de Xiradela pero non tivemos sorte.
Agora continuamos preparando repertorio novo para as actuacións que vaian saíndo pouco a pouco porque ganas temos moitas, e queremos demostrar o que sabemos e o que valemos.
Pandereteiras do Val da Maía's Friend Space (Top 32)
Buenas. Xa podeis escuitar 7 temas del noso primer disco nel noso Myspace. Música pra bailar y pasarlo ben. Presentación del disco el día 2 de Enero nel Auditorio de Tapia de Casariego. Folkgazais forever. Posiblemente el miyor disco dos Folkgazais. Un disco brillante (Sobre todo por a parte d'atrás).
TENGWAR – “TENGWESTA QUENDION” Nuevo EP disponible!! Presentando 4 nuevos temas + un bonus track. Grabado durante los meses de Junio, Julio y Agosto de 2008, con la participación de destacados músicos de la escena celta Argentina como Xandru Reguera (Na Fianna, guitarra DADGAD), Paula Espinosa (Os Furafoles, acordeón), Patricio Camino de la Llosa (Achaiva da Ponte, tambor galego) y Ferry Killian (Gustavo Fuentes Quinteto/Ogham, bodhrán). Para escucharlo podes entrar en http://www. myspace. com/tengwarfolkspace. com Mail: tengwar@tengwar.com.ar
Máis de 170 músicos e bailaríns, lutieres de gaita, pulpeiros, empanada, paellas, miles de litros de sidra... Ven a bufar a morriña do ceo mediterráneo.
Hola Chicas! Moitas grazas polo comentario! A verdade é que con xente coma vos da gusto facer música!Agardo poder veros en directo moi pronto!Moitísima sorte co voso proxecto musical!Un bicazo moi forte. Aquí me tedes para todo o que necesitedes. Clara