S.O.S MASSÓ

www.myspace.com/sosmasso
  • SAlVemos MAssó

  • 38 / Male
  • O MORRAZO , UM
  • Last Login: 1/4/2010

489802930|38|11110|http://c4.ac-images.myspacecdn.com/images02/81/m_eb9d4cda799442a9b83a65750965a08b.jpg

Activity Stream

Blurbs

About me:

SOS MASSÓ somos unha iniciativa cidadá que quere recuperar toda a zona do Salgueirón, onde se atopa a vella fábrica de Massó, unha xoia da arquitectura industrial galega e europea, para o uso do pobo de Cangas. Non temos zonas verdes, non temos onde practicar deporte ao aire libre e dentro de pouco non imos ter onde poder mirar o mar na nosa vila. Sobre Massó planea o perigo dunha grande operación urbanística especulativa que pretende deixar a zona para o uso exclusivo dos ricos, dos seus iates e dos seus pisos de luxo a pé da ría. Os inimigos son fortes, os grandes partidos políticos non fan nada, pero o pobo de Cangas conseguirá recuperar Massó. VENCEREMOS NÓS!

Who I'd like to meet:

Queremos a participación da xente,grupos,colectivos,asociación culturais,centros sociais... a que nos axuden a difundir este mensaxe para que a xente saiba a verdade sobre o que está pasando na nosa vila. CONCERTO SOLIDARIO A FAVOR DOS PRESOS ARRASTADOS POLA GARDA CIVIL O INTENTAR PARAR AS OBRAS DO PORTO DEPORTIVO ILEGAL. NON PODEDES FALTAR!!!!

Interests

  • General

    Hoxe (20.07.09) en Cangas, unha vez máis, a intención de reiniciar as obras en Massó tinguiuse de violencia e represión, pero desta vez rebasou tódolos límites. Dende primeira hora da mañá, numerosas veciñas e veciños de Cangas, e membros de colectivos sociaise e ecoloxistas, que facían garda no Salgueirón, como cada mañá, para impedir as obras ilegais do porto deportivo de Massó, foron agredidos violentamente e detidos pola Garda Civil. O pasado 5 de xuño, foi o Día Mundial do Medio Ambiente, ecoloxistas, veciñ@s e mariñeir@s, ás 11:00 hs. participamos nunha concentración diante do Concello de Cangas, logo na sucursal de Caixanova, e arredor das 12:00 acudimos ao Muelle de Oxea, a apoiar dende terra unha concentración de embarcacións contra as obras no Porto de Massó. As 12:30 hs. xuntamonos en terra, mariñeiros e veciñ@s, e fumos andando ata Punta Balea, onde están facendo obras ilegais, para un novo porto deportivo. Alí entrouse no interior dun valado ilegal de chapas metálicas e fumos ata onde estaba a pala e os obreiros, e reclamamos o que é de todas, verramos contra os recheos, eo porto deportivo, solidarizamonos cos mariñeiros. Despois de sair das obras ILEGALES chegou a garda civil a PROTEXER A ILEGALIDADE, así que mantivemonos alí ata as 15:00 hs. reclamando a paralización das obras. NON A ESPECULACIÓN NO LITORAL VISITA DO PREMIO NOVEL DA PAZ "ADOLFO PEREZ ESQUIVEL" A MASSÓ 20-07-2009

Comments

Displaying 25 of 52 comments