novas
DESCOBRE AS NOVAS DE XOSÉ CONSTENLA EN:
xoseconstenla.blogspot.com
ou
www.fotolog.com/soanfonias
O grupo que habitualmente acompaña a Xosé Constenla esta composto por:
Ramón Feáns "Chiri": guitarras e bouzouki.
Paulo Gacio: ventos e teclados.
Fran Pérez: baixo.
Rafa Gradín: percusión.
Influences
Olladas dun entusiasta (Setestrelo Editora, 2008) constitúe o segundo traballo discográfico do cantautor Xosé Constenla, despois de Quen fixo berrar ao silencio (autoedita, 2005). Supón unha producción do propio Xosé Constenla en colaboración con Ramón Feáns (arranxos e dirección musical) para o selo de nova creación Setestrelo Editora. Foi gravado e misturado nos estudios PINK de O Milladoiro (Ames) entre finais de 2007 e principios de 2008, sendo Paulo Gacio o técnico de son.
Entre as colaboracións recollidas para este traballo, destaca a presenza do cantautor madrileño Javier Bergia –por cortesía de Tagomago- (autor de 10 discos propios) que canta a dúo con Xosé Constenla o segundo corte do disco “Aínda estamos a tempo”. Ramón Feáns (guitarras, bouzouki, baixo e programacións), Paulo Gacio(frauta traveseira e saxo soprano), Paco Nogueiras (acordeón) e Javier Rodríguez (teclados) foron os músicos que gravaron os distintos instrumentos que aparecen no traballo.
En Olladas dun entusiasta, podemos atopar 13 composicións inéditas de Xosé Constenla, nas que, engalanadas con enriquecedores compoñentes musicais, preséntanse letras de historias honestas e sen ambigüidades. O conflicto social e nacional do país, o amor, a beleza, a denuncia das inxustizas e a retranca crítica son os temas centrais duns temas centrados en vivencias propias e alleas coas que Xosé Constenla trata de amosar olladas particulares envoltas polo leitmotiv do entusiasmo, para rematar por convertérense nunha cosmovisión colectitiva e participada.
Sounds Like
Esta obra está bajo una
licencia de Creative Commons.
SETESTRELO EDITORA
GRAVADO E MISTURADO NOS ESTUDOS PINK ENTRE FINAIS DE 2007 E PRINCIPIOS DE 2008
Unha producción de Ramón Feáns "Chiri" e Xosé Constenla para SETESTRELO EDITORA
Dirección musical e arranxos; Ramón Feáns "Chiri"
Técnico de son: Paulo Gacio
Todos os temas letra e música Xosé Constenla Vega.
NOVO DISCO DE XOSÉ CONSTENLA "OLLADAS DUN ENTUSIASTA"
XA Á VENDA NAS TENDAS MUSICAIS HABITUAIS E NAS GRANDES SUPERFICIES
DISTRIBUÍDO POR LONXA CULTURAL CON PREZO DE LANZAMENTO DE 11,99 €
Xosé Constenla asume con naturalidade a definición cantautor. A súa música está vinculada diametralmente ao sentido do compromiso social. Se canta é porque, na natureza poética e literaria da realidade, sente que aínda estamos a tempo de transformar determinadas estruturas e correntes perversas e inxustas, por domésticas que sexan.
Dende pequeno gosta de escribir textos de narrativa e poesía. Na infancia e adolescencia gaña case unha ducia de premios literarios e forma parte dun grupo de relevancia cultural autodefinido como “Faladoiro Joam Airas”. A mediados dos 1990, comeza a coñecer a música dos grandes cantautores ibéricos e latinoamericanos. A través de Silvio, Paco Ibáñez, Pablo Milanés, Serrat ou Aute recoñécese perfectamente nos textos de Lorca, Machado, Celaya, Alberti, Celso Emilio ou Neruda. É así como decide restaurar unha vella guitarra que ocupaba un rincón escuro da súa casa paterna e comeza a estudar música e harmonía. Deste xeito durante o ano 1996 Xosé Constenla compón as súas primeiras pezas, case de laboratorio, e no ao ano seguinte -1997- lánzase ás actuacións nos bares, cafés e pubs dunha Compostela daquela efervescente.
Hoxe, dez anos despois, é un habitual da noite musical da capital do país. Ademais, de tocar en innúmeros lugares e cidades da Galiza, visitou coa súa guitarra Catalunya, Castilla-León, Asturias e Madrid. No ano 2001 visita Lisboa, Porto e Braga para facer unha turné xunto ao coñecido cantor luso José Mário Branco. Durante os seus anos de formación universitaria, coincide coas loitas contra a LOU, Nunca Máis e Non á Guerra, convertíndose en moitos círcculos nun dos principais axitadores culturais, musicais pero tamén sociais e políticos. Durante estes anos toca nas principais prazas e teatros do país. Entre 2001 e 2004 é frecuente escoitar recitais de Xosé nas facultades do país, nos aularios e nos peches estudantís.
Así e todo, nunca abandoa os seus cafés de referencia: o Garigolo en Compostela, o Clavicémbalo en Lugo, o Auriense en Ourense ou o Artábria en Ferrol, contan periódicamente coa súa presenza. Combina estes bolos con actos reivindicativos de partidos políticos e sindicatos por todo o país, chegando a tocar varios anos o Día da Pátria en Compostela (Festigal, 2005; Mazarelos, 2003 e 2004); na Festa do Orgullo (Quintana, 2005) e en numerosos recitais solidarios promovidos por diversas platafromas e asociacións.
No ano 2004 entra nos estudos DIORAMA de Compostela coa intención de gravar un disco que sae á luz ao ano seguinte (autoedita, 2005) baixo o título “Quen fixo berrar ao silencio”. Durante estes anos, Xosé Constenla está a levar a súa música polo país, axudado polos músicos que xuntou para a gravación: Ramón Feáns “Chiri” (guitarras e buzuki), Paulo Gacio (sección de ventos), Diego Pérez (baixo e contrabaixo), Juanjo Fernández (piano, teclados e sintetizadores), Rafael Gradín (percusión) e Eduardo Paradela (batería). No ano 2006, Xosé Constenla consegue ser finalista da I Mostra de Canción de Autor organizada polo Foro Utopía Son de Vigo e o Café UF.
Dende hai uns meses, está enleado co proceso de composición e gravación dun novo traballo, baixo a dirección musical de Ramón Feáns “Chiri”. Entre tanto, a productora musical que el mesmo enxeñou –Setestrelo Editora- está a promover concertos man a man co cantautor madrileño de amplo percorrido Javier Bergia (autor de nove discos). Xunto a el, ten protagonizado unha ducia de concertos e recitais por Galiza e o Norte de Portugal.
Boas, son Miguel Alonso, presidente da Asociación MusicARTE. Envíovos esta mensaxe para contarvos que o próximo venres 7 de agosto presentaremos o noso traballo "Once máis 15" na Coruña. É un libro-disco editado por Edicións do Cumio, con poemas musicados. Vinde!!:
20 hrs: Feira do libro (Xardíns de Méndez Núñez). Presentación coa discográfica, MusicARTE e varios dos participantes. Entrada de balde. 23 hrs: Sala Garufa (San Francisco,8). Festa-concerto con Miguel Alonso, Fucoxabier, Xurxo Mares, Elanor e Meiga do Norte. Entrada de balde.
Oye, muchas gracias por agregarnos a tu comuna viejo amigo...
Somos - doGma I - Un nuevo proyecto musical, dándonos a conocer poco a poco. Nos gustaría informarte de nuestros pasos, si te parece bien, claro, prometemos no ser pesados...
En fin si te apetece algo de rock, conocernos un poco más y comprobar como va creciendo nuestro proyecto, pásate cuando quieras por nuestro myspace, ok?
Tienes nuestro site a tu disposicion pa tus promo, etc...
Un Saudiño y suerte con tus proyectos hasta pronto
Con permiso… Este viernes 6 de Marzo, tocaremos en Culleredo el último concierto conjunto de los conciertos "encontros no camiño". Tocaremos Paris Joel & Leirós band, Chelís, Cesar de Centi, Bau, Pablo Rubén, Xurxo Mares, David Taboada y una servidora. El concierto será en Culleredo a las 20:30h. en el Edificio de servizos Múltiples de O Burgo. Te esperamos
SALA BREOGAIN APRESENTA "Concerto + gravación CD + DVD ao vivo". "VARGAS BLUES BAND" + FRIENDS Devon Allman (Allman Bros), Raimundo Amador, Andy Taylor (Duran Duran), Jorge Salán (Mago de Oz), Claudio Gabis (Maná). O día 20/12/08 as 22:30 Hras. Prezo 17 € anticipada, 20 € takilla.