Xurxo Fernández nace en Vigo en xaneiro do ano 1987. Con tan só 9 anos iníciase no mundo da música tradicional galega, da man do mestre Xose Manoel Oliveira.
Ao ano seguinte inicia os seus estudos no Conservatorio Profesional de música de Vigo ata o ano 2007, ano no que se fai co título profesional da especialidade de Gaita.
Este mesmo ano empeza os seus estudos no conservatorio Superior de Música de Vigo na especialidade de "Instrumentos da música tradicional e popular de Galiza" ao conseguir a única praza ofertada.
A súa formación complementouse con mestres como Antón Corral, Xose Lois Miguélez ou Juan Eiras (Análise musical) e asistiu a diversos cursos impartidos por Marcos Campos, Patrick Molard, Paulo González, Juan Casalderrey...
Actualmente forma parte do grupo Anacos de Buxo con quen conseguiron diversos premios como son: Concurso de cuartetos de Ponteareas, Concurso de Vedra, Concurso de música tradicional de Arteixo...entre outros e co cal viaxaron por España, Francia e Portugal aparte de gravar o traballo discográfico Sempervirente.
Participou con Anacos de Buxo no concerto de fin de carreira do primeiro licenciado en Instrumentos da música tradicional e popular, Xosé Lois Miguélez.
Ten colaborado como gaiteiro co grupo de música tradicional Noitarega, como clarinetista co grupo de música tradicional Zurrumalla, coa gaita e a frauta no grupo RFA formado na Universidade de Vigo, o cal fusiona distintos xéneros como Heavy, Rock ou Folk, entre moitos outros.
Compartiu escenario co pianista arxentino Marcelo Raigal, interpretando un tango nun "Homenxe a Carlos Gardel" celebrado en Vigo.
En canto á discografía, aparte de gravar Sempervirente con "Anacos de Buxo", con este mesmo grupo gravou unha canción no disco "Esperanza" de Xosé Lois Miguélez; gravou coa Banda de gaitas Xarabal un tema do disco de Crema de Gaita "Tangalego". Tamén coa Banda de gaitas Xarabal gravou un tema para o disco "Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre".
No ano 2007 traballou de músico e de técnico de gravación e misturas na música do documental dirixido por Bernardo Cequera "Manfred, o alemán de Camelle".
Como gaiteiro solista participou en diversos concursos como son o Concurso do gaiteiro de Soutelo, Concurso gaiteiros solistas de Sarria ou Concurso de gaiteiros solistas da Estrada.
No ano 2009 participou como mestre dos V Cursiños de Xarabal, impartindo a especialidade de Afinación e empalletado.
Fóra do mundo da música, é titulado superior na especialidade de Son polo Instituto Audiovisual de Vigo. Neste campo, complementou a súa formación facendo un curso sobre Gravacións Musicais e Sonorización impartido por Javier Abreu de Oceano Estudio.
Actualmente traballa como técnico de P.A. do grupo folk "Irtio" e é solista e director musical da Banda de Gaitas Xarabal. No mes de febreiro de 2009 incorpórase ao grupo de heavy Onyria como membro colaborador tocando a gaita e frautas.
No ano 2009, proclamouse finalista e 5º clasificado (empatado a puntos co 4º) no Tropheé McCrimmon celebrado no mes de agosto, en pleno Festival Interceltique de Lorient.
After you've finished here, you may like to hear this poem sung on myspace...
Poem 162 of 230, WalkaboutsVerse (please see my blog): TEES TO TYNE: FIRST IMPRESSIONS - SUMMER 2001
Where traditions are not so rare; Sea, country and works scent the air; A multitude of monuments, Planted tubs and patterned pavements.
The longish pedestrian malls; The remnants of defensive walls; Historic buildings are a gauge Of the respect for heritage.
Wheat, rape and pines in the fields; Estuaries guarded by shields; Long sandy beaches and wide scenes; Romantic-ruin go-betweens.
Rivers in parts licked by trees, Or fringed by boat clubs, wharfs, gantries, And crossed by practical delights - Varied spans, forming pleasing sights.
Fine churches headed at Durham; Football kits ad infinitum; Kept castles - one for study; Masonry behind masonry.
And, with moulding-works out that way, It’s somewhere for a longer stay..?
Thank you for connecting! If you're interested, I'm offering one free original MP3 download to my new MySpace friends, just let me know the name of which track would you like to get and I'll tell you where to download it for free. Keep in touch!
Hola , si quieres escuchar nuestro nuevo disco dale al play, si te gusta puedes descargártelo gratis en http://www.karih-katura.com/tienda.html . Que lo disfrutes, saludos desde el sur de Cuenca
El 9 de Mayo CUATRO GATOS actuarán en la Sala Copérnico, donde presentarán los temas de su nuevo álbum, titulado "El Sueño de la Razón".
El precio de las entradas es de 12 € anticipada y 15 € en taquilla, precio que incluirá, como obsequio especial, el maxi single de CG "Mañana Quizá Sea Peor" (compuesto por 4 temas, dos de ellos no incluidos en el álbum completo), el cual se entregará en la sala el mismo día del concierto previa presentación de la entrada.