| Band Members | Sony.................. baixo/voz

Weyner.............. guitarra/coros

Michael.............. batería

Terri&Sonso............
..... 4º elemento y medio
_________________________
Entre a humidade corrosiva e o cheiro a madeira apolillada da
bendita Casa Xurásica, xorde unha nova banda en Compostela:
Royalties.
Cunha ampla experiencia no mundo do rock (Redullos, As Fulanas,
Contrastes, Capellán Tabernícola…) os tres componentes da banda,
Dani , Miguel e Soni conciden en que a xente necesita máis rock’n’roll para darlle emoción o seu delirante día a día.
Explosións de son, rifs vertixinosos, sacudidas decibélicas e melodías que che deixarán afónico, conforman a suma das influencias das bandas do rock escandinavo, británico e xurásico dos últimos tempos fluindo a través dunha espiral de tonalidades viscerais que desembocan nun trio case automático que cren ter o control pero que só queren rock’n’roll.
_________________________
2007. QUERO ROCK&ROLL

2009. Avance Nova Temporada

 |