>..
Melodía, enerxía e actitude. The Homens levamos xa máis de tres anos tentando cadrar esta ecuación. Ás veces ata nos parece que o conseguimos. Gústanos a nova onda de finais dos setenta; adoramos o post hardcore dos oitenta; encántanos o pop británico de calquera década; queremos facervos bailar, cantar e botar os fígados nos nosos concertos.
Xocas (batería), Roi (baixo e voz) e Martin Wu (guitarra e voz) somos The Homens desde finais do 2004. Desde entón levamos dous Eps autoeditados (1, do 2005, e 2, no 2006), máis de medio cento de concertos, montañas de quilómetros na carriña e varias veladas inesquecibles en restaurantes de talla mundial. O 15 de outubro do 2007 puxemos na rúa o noso primeiro disco longo, Tres, gravado nos Estudios Ultramarinos Costa Brava, en Sant Feliu de Guìxols, por Santi García e Víctor García, no que incluímos once cancións intensas, melódicas e furiosas.
Á altura de outubro do 2008 atopámonos dándolle á cabeza para parir as cancións do que será o noso segundo disco longo, xa con Cristovo ás teclas, pandeiretas e demáis enxeñería eléctrica.
Vémonos nos bares.
Opaí rapaces, un pracer que ó fin andedes por estes lares, sodes do mellor dunha escea galega, que agora mesmo é potentísima. Levo tarareando o "desaparece" e algunha máis dende que saíron.