Photo of REVOLTALLO

REVOLTALLO

http://img101.imageshack.us/img101/9898/cartelrevoltallo2010ms.jpg

Bandas

XOVES

 

Buogh! (Vigo - Rock experimental)
Rock feito por e para esquizofrénicos, con altas dosis de experimentación, frenesí e de locura sán que seguro non deixa a ninguén indiferente.

Demencia Sonora (Freixo - Rock)
Estes vellos coñecidos do Revoltallo terán a difícil tarefa de representar a Freixo co seu rock rabioso e incansable.

Los Gold Fox (Vigo - Rock)
Son catro colegas unidos en común por unha forte paixón polo rock.

Romasanta (Vigo - Rock)
Rock made in feito na casa con entusiasmo e gañas de facer algo grande.

Voltaica (Vigo - Garage rock)
Naceron en 2008 da man de músicos de bandas xa asentadas coma Gotxos Party e Neoprenos. Presentan toda enerxía, forza e rabia do rock, punk e surf, conxugada con melodías vocais de maneira espléndida.

 

VERNES

 

Ignominious Incarceration (Reino Unido - Deathcore)
Unha das mellores formacions europeas no seu estilo chega ó Revoltallo presentando 'Of Winter Born' (Earache Records, 2009), o seu derradeiro disco. A mistura perfecta entre  Amon Amarth y Suffocation, con tódalas calidades do mellor death melódico ou o metalcore máis contemporán unidas cun resultado que fará as delicias de calquera amante do xénero.

Alea Jacta Est (Francia - Metalcore/Beatdown)
Regresa a Galicia unha das bandas máis brutales da escena hardcore francesa, e fano con novo disco baixo o brazo ('Gloria victis', 2010). Aterrizan dispostos a descargar o seu hardcore pesado e honesto que seguro deixará a moitos descolocado.

And Hell Followed With (EEUU - Deathcore)
Directamente dende os suburbios de Detroit e practicando un técnico e poderoso death metal de nova xeración. 'Proprioception' é o seu novo disco, o primeiro tras o seu fichaxe por Earache Records.

Through My Eyes (Francia - Metalcore/Beatdown)
Un auténtico furacán francés capaz de destrozar cualquer cousa que se lles poña  por diante a base de ultrapesado beatdown hardcore. Contundentes e fartos de ritmo coma poucos.

Yidorah (Compostela - Metal)
Irrumperon no 2009 para sorpresa de moitos con “El Origen”, un disco debut dunha calidade aplastante. Unha mezcla perfectamente empastada e contundente de thrash, death e metalcore de nova onda, levando o metal “made in Galicia” o máis alto nivel.

Honour Is Dead (Reino Unido - Metalcore)
Son unha xove formación afincada ó sur de Londres. O seu son recolle o legado máis melódico de bandas coma As I Lay Dying ou Caliban. Cun ben engrasado xogo vocal mozo-moza que combina gritos con pequenas doses de melodía.

 

SÁBADO

 

Angelus Apatrida (Albacete - Thrash Metal)
A esperanza do metal estatal ten nome propio. O seu fichaxe por Century Media non é máis co fruto da sua boa labor dende a formación 10 anos atrás. Veñen presentando o seu recente 'Clockwork', toda unha viaxe de thrash metal cheo de clase e forza que, esperamos, lles leve directamente á primeira división do thrash fora das nosas fronteiras.

Gwydion (Portugal – Folk Metal)
Formados en 1995, Gwydion son toda unha referencia do metal luso. Regresan con novo disco (‘Horn Triskelion’, 2010), un repaso polo mellor folk/viking metal de grande influenza nórdica. Farán as delicias dos amantes de bandas coma Týr ou Turistas.

Laments of silence (Girona - Death Metal)
Dende 2002 veñen dando guerra. Considerados xa coma unha das propostas máis sólidas e de maior proxección do death estatal. No seu derradeiro traballo (‘Restart Your Mind’, 2010) presentan un death metal melódico/industrial de calidade e grande dinamismo, sembrando por momentos a Scar Symmetry ou incluso a Fear Factory.

Nocheni (Redondela - Heavy Metal)
Son xa quince os años de historia desta mítica banda redondelá. Veñen presentando o seu disco máis ambicioso ata hoxe, "Príncipe de los Payasos". Cunha mellor forma ca nunca, e con todo o aprendido no seu camiño, darán moito de qué fablar co seu heavy metal persoal e feito con clase.

Lethal Vice (Vigo – Thrash Metal)
Estos cinco xóvenes levan dende o 2005 facendo o macarra a base de concertos para lembrar e temazos thrashers que sacan á luz as influenzas de bandas coma Overkill ou Megadeth.

 

DOMINGO

Fe de Ratas (Avilés - Punk Rock)
Considerados por moitos coma unha das formacións bandeira do punk rock estatal. Seus son discos xa considerados clásicos, coma 'Tú tranquilo y a lo tuyo' o 'Miseria Frente a Miseria'. Chegan a Valladares presentando o seu derradeiro disco, 'AntiImperialista': Trece temas onde critican se pelos na lingua o panorama político actual, a violencia de xénero, a globalización, etc.

Os Podridos (Beade - Punk Rock)
Voltan ó Revoltallo os reis do punk rock de Beade para facernos cantar as suas xa míticas cancións no que apresura coma unha festa rachada en toda regra.

R.I.F. (Freixo - Punk Rock)
Ruidismo punk, rebelde e coreable da man de estes vellos coñecidos de Freixo que levan dende o 2002 destrozando escenarios a base de punk e boas festas.

Mexa Por Dentro (Vigo - Punk Rock)
Punk sucio e políticamente incorrecto o de este cuarteto que recolle o legado de bandas coma R.I.P. ou Cicatriz.

Os Vacalouras (Vigo - Rock)
Son catro xóvenes de Teis que comenzaron a compoñer cancións con tan só 12 años. A día de hoxe seguen a mellorar concerto tras concerto cunha paixón e dedicación ó rock envexable por moitos.

Comments

Post a comment...
  • CHARKO

     NUEVO CD DE CHARKO!!!!!
    http://www.myspace.com/elcharko


    EL SUEÑO DE LA MANZANA(ha traído bicho)
    rock´nvena!!

    3 months ago
  • ALL NIGHT LONG AGENCY

      LETZ ZEP 
     SÁBADO 12 ENERO 2013 
     PLAYA CLUB – A CORUÑA Puertas : 23:45 h 
     Desde Inglaterra el mejor Tributo a Led Zeppelin 
     Consulta nuestros próximos eventos en :
     www.allnightlongagency.com

    4 months ago
  • On-line Artists Promoti…

         
    YA TENEMOS NUEVA WEB CON MAS OPCIONES   

    Playyoursong se reafirma en su proyecto que ha permitido promocionar a miles de artistas de todo el mundo desde el año 2007. Conocemos la importancia de vuestro trabajo, incluida la posibilidad de ampliar vuestra promoción, que en Playyoursong te ofrecemos de forma GRATUITA.

    Registra tu banda tu banda en Playyoursong en el siguiente enlace:http://www.playyoursong.net/registroartistas.php

    El público te está esperando. Adelante.    

    Equipo Playyoursong 
    www.playyoursong.net    

    11 months ago
  • El niño de la hipoteca

    NUEVO Video con MP3 de Regalo!!!!!

    http://www.youtube.com/watch?v=svYXIL8Qt8E&feature=player_embedded

    En el video tienes un link para recibir tu regalo de Navidad hipotequil!!!!
    Ole ole!!

    Yupi!!!

    Felices cosas a todos!!!!

    1 year ago
  • S.N. haziendo lo ...

    Por fin llegó el recopilatorio, 26 bandas, 26 trallazos de PUNK ROCK, a disfrutar!

    http://putozerdorecords.blogspot.com

     
    RECOPILATORIO "PLUMAS & PINCHOS VOLUMEN I"


    anti-pàtiks - bb bino - brazil - código neurótico - desquici -
    encefálika f.m. - eskupe - faber pugna - gargamboig - inem  kilers -
    kalaña - karbunko - klandestino - limalla - m.e.f. - milenrama -
    muermo & carasmustias - ostia puta - pànic - potlach - qutr3s -
    s.n. - sin vaselina - the ravales - tóxiko - zorras adolescentes.

    1 year ago
5 of 1343More

Información

· Qué?
O Revoltallo de Música Emerxente é un festival con xa 16 anos de historia. Ten lugar todos os anos durante a 3ª semana de Agosto na parroquia de Valladares, ás aforas de Vigo. Pódese decir que é un dos festivales máis míticos e lonxevos da Comunidade Galega. Nacido dunha novidosa idea de abarcar nunha mesma semana de actuacións, diferentes estilos tan diferenciados como indie, techno ou hardcore.

Nestos 16 años pasaron multitude de bandas nacionais e internacionais coma ANCIENT RITES (BEL), ANVIL OF DOOM, A PALO SEKO, APHONNIC, ARDENTIA, AVULSED, A BANDA DE POI, BIOTECH, CALLENISH CIRCLE (ALE), CATPEOPLE, COILBOX, DAGOBA (FRA), DAVID MALLADA, DEVIL IN ME (POR), DÍA DE FURIA, DISIDENCIA, THE EFFORT (EEUU), ELECKTRA, ETERNAL MOURNING (POR), ESCUELA DE ODIO, ESTIRPE, FERNANDO COLLAZO, FOREVER IT SHALL BE (ALE), HABEAS CORPUS, HEAVENWOOD (POR), HECATE ENTHRONED (GBR), IVÁN FERREIRO, KARBON 14, KILLER BARBIES, MAISHA, MÜRFILA, NEAERA (ALE), PROTEST THE HERO (CAN), RAGDOG, REINCIDENTES, SASH! (ALE), SINIESTRO TOTAL, SKACHA, SKUNK D.F., STRAWBERRY HC, SUGARLESS, SUIDAKRA (ALE), SUSPERIA (NOR), TERRORISTARS e USER NE.

· Quén?
O Festival está organizado pola Xuntanza Xuvenil de Valladares, unha asociación vinculada o CVC Valladares e sen ánimo de lucro (ONL), onde os beneficios reais obtidos reinvertense en eventos futuros, coma a próxima edición do Revoltallo e outras actividades.

· Cándo?
Do 12 ó 15 Agosto de 2010.

· Ónde?
Edificio do Baile Vello de Valladares, Vigo-Galicia.

· En-cuberto?
Este ano, de maneira puntual e debido á falta de financiamento, vémonos obligados a trasladar a XVII Edición do Festival a un recinto pechado. O elexido é o Edificio do Baile Vello, situado no centro da parroquia de Valladares e con capacidade e infraestructuras perfectamente adecuadas ás características do Festival.

· Cómo chegar?
O Edificio do Baile Vello encontrase no centro de Valladares, o lado da Igrexa e do torreiro onde teñen lugar as festas da parroquia, a escasos 7 Km. do centro de Vigo.

Saíndo dende a Praza América é moi sinxelo chegar. A partir de ahí baixa toda a Avenida de Castrelos ata o final. Pasarás dúas rotondas, a segunda ten un dodecaedro xigante no medio. Sen ter que desviarte, esa rúa pasa a ser a Estrada Xeral de Valladares. Terás que seguir subindo por esta estrada, pasarás unha gasoliñeira a man dereita e, un quilómetro despois da mesma chegarás ó cruce á dereita para coller cara Valladares. Clicka aquí para ver unha foto do desvío.

Unha vez collido o cruce non tes máis que subir o camiño sen desviarte e chegarás ó torreiro e á Igrexa de Valladares, que se encontra ó lado do Edificio do Baile Vello. Clicka aquí para ver a ruta vía Google Maps dende a Plaza America de Vigo ata o recinto.

En canto ó transporte público: Para a ida a mellor opción é coller o bus urbán C7 (info en vitrasa.com), e para voltar únicamente en Taxi (986 25 27 00).

· Ónde dormir?
Como sempre, este ano facilitaremos unha zona de acampada libre e gratuíta para todo aquel que o precise. Unha esplanada situada a escasos metros da zona de concertos. Haberá aseos para os campistas e público en xeral.

· Comida e bebida?
Durante as horas de concertos haberá servizo de bar dentro do recinto con todo tipo de bebidas a prezos populares. Ademáis, haberá venda de bocadillos quentes e hamburguesas, ¡máis ricos cos de McDonal's, Burger King e Pans&Company xuntos!.

· Precisas máis información?
Escríbenos a org_revoltallo@yahoo.es

Login

Forgot password?

Need an account? Sign up