Antón Corral, Xarabal, Carlos Núñez, Berrogëtto, The Chieftains, Trisquel, Flook, Lúnasa, Afrocelt Sound System, Pedro Abrunhosa, Capercaillie, Dan Ar Braz, The Bothy Band, Davy Spillane, Patrick Street, Bill Whelan, Fred Morrison, Riverdance, Paddy Keenan, Pat Metheny, Alberto Conde, Kin García, Ernesto Campos, Milladoiro, Ardentía, Quincy Jones, Herbie Hancock, Cuchús Pimentel, Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros de Vilagarcía, The Rolling Stones, Ricardo Portela, Pereira, X. Gil, Moxenas, e tantos outros...
How I made my profile: I used MyWackoSpace.com's amazing MySpace Editor.
Nacín en Vigo (Pontevedra) o día 8 de maio de 1976. Non lembro con exactitude si era martes ou era sábado, máis que nada porque é unha época da que só lembro algúns garabatos que retouzan na miña memoria nalgúns momentos especiais.
O que sí lembro é esa curiosidade incipiente, ese arrepío que tan a miúdo experimentaba cando, moi pequeno, achegábame aos músicos que, con Benigno, meu pai, tocaban naquelas tardes de fin de semana. Nenos e maiores compartindo música, contribuíndo ao canto da gaita -raiña indiscutible dos sentimentos estralantes- con mans, cunchas, botellas, pes e pandeiretas, tamboril e bombo, acompañaron aos meus soños de infancia.
Así foi como escomenzou todo.
No 1984 o mestre gaiteiro Xaime Estévez ensinoume a toca-la gaita no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde anos máis tarde rematei os estudios elementais de gaita de man de Carlos Núñez.
No 1986 a Banda de Gaitas Xarabal comenzou a ocupa-los meus seráns de sábado e deu inicio a unha experiencia continua na que Antón Corral, o sempre afable mestre artesán que nunca escatimou paternais coidados como director, titor, confesor e eterno amigo dos seus fieis, inculcou en min ese amor íntimo e respetuoso que un músico sinte cara o seu instrumento e a súa música, o agarimo, a curiosidade, a afinación, o tempero, e, por riba de todo, a dignidade e a honra de ser gaiteiro.
Gaiteiros como Carlos Núñez, Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño ou Anxo Lorenzo, os artesáns Oli Xiráldez ou Xosé Manuel Gil (www.gaitasgil.com), por nomear algúns dos muitos , compartiron comigo esta experiencia representando a Galicia en gran parte da xeografía española e europea, onde hai que destacar o Festival Intercético de Lorient, e o Festival Cantigas do Maio en Seixal (Lisboa).
Dende esas datas a miña vinculación ao Obradoiro de “Instrumentos Musicais Populares Galegos” permíteme formarme como artesán constructor de gaitas, seguir perfeccionando a técnica de afinación e tempero para gaita galega baixo a tutela dos mestres Antón e Carlos Corral, formando parte durante varios anos do Grupo Didáctico-musical da Universidade Popular de Vigo onde tocaba requinta, gaita e acordeón. tamén cursei neste centro dous anos de Zanfona co mestre Antón Corral.
Alí asistín aos cursiños de gaita escocesa impartidos polos internacionalmente coñecidos Fred Morrison e Patrick Molard e participei en diversos concursos de gaiteiros, acadando sempre as mellores clasificacións, entre as que cabe destacar o Trofeo Macallan para gaiteiros solistas Galicia sur 1995, obtendo a 1ª clasificación, Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas 1993, 1994 e 1995, obtendo a 2ª clasificación.
Formei parte dos grupos “Trisquel”, “Ardentía”, da agrupación “Lembranzas Galegas”, do grupo “Blanco”, de "Alberto Conde Grupo”, de "Opentunning", de “Babel”, de "Crema de Gaita", e de "Chimpanapalla", entre outros.
Teño colaborado tamén co lexendario grupo “The Chieftains”, a agrupación musical “Harmonía”, actuando como solista invitado na execución de obras do compositor e amigo Ernesto Campos (www.ernestocampos.miarroba.com), con Nacho Cano no seu último traballo homónimo, no Musical “Duas Beiras” coa cantante galego-arxentina Lorena Lores, e tamén co pianista de jazz Alberto Conde (www.albertoconde.com) en "Sonidos de Bitácora", concerto para guitarra e orquestra que o pianista compuxo para Tomás Camacho, e que executan a Orquesta sinfónica da Escola de Música de Viana do Castelo e a Orquesta
Tamén teño exercido como profesor de gaita no Conservatorio “Mayeusis “de Pontevedra, e na actualidade na Casa Cultural de Areas (Ponteareas).
Como profesor especialista teño impartido cursiños no Conservatorio Superior de Música de Vigo (afinación, tempero e empalletado) e na Escola de Música Tradicional de León (Ayuntamiento de León), entre outros.
Ao longo destes anos, e con diversas agrupación, teño representado a Galicia en máis de 100 festivais de todo o mundo. Entre outros:
- En 1993. Zielona Góra Children Folk Festival. Polonia. Con Lembranzas Galegas.
- En 1991,1998 e 2000.Festival Intercéltico de Lorient. Francia. Primeiro con Xarabal, despois con Alberto Conde Grupo, e o último con The Chieftains (artista invitado), e a Orquesta Sinfónica do Festival de Lorient.
- En 1993, Festival Internacional do Pirineo. Jaca. Con Lembranzas Galegas.
- En 1994, Festival Internacional de Folklore de Dijon, con Lembranzas Galegas.
- En 1994, Festas da Orotava, (Tenerife)
- En 1999, Mostra de Jóvens instrumentistas de Évora e Plasencia, con Xarabal.
- En 2005 e 2006, Xira “A Roda” en Lanzarote e Venezuela.
Na actualidade traballo co meu grupo de orixe “Crema de Gaita” actividade que compaxino tamén co ensino e con diversas colaboracións con diferentes músicos e estilos.
DISCOGRAFÍA:
• Instrumentos Musicais Populares Galegos. Gravado na CBS de Lisboa en 1987. Sonifolk.
• 1º Disco da banda Xarabal. Gravado nos estudios Sonyarte de Vigo en 1993.
• Ardentía. 1º Traballo deste grupo Gravado nos estudios Sonyarte de Vigo en 1995. Edicións Do Cumio.
• Crema de gaita, “Para brincar no rueiro”. Gravado nos estudios Sonyarte de Vigo en 1995. Edicións Do Cumio.
• Fiadeiro, “Para cantar como eu canto”. Gravado nos estudios Sonyarte de Vigo no ano 1995. Edicións Do Cumio.
• “Inverno”, Antigas “voces ceibes” galegas. Gravado nos estudios Sonyarte de Vigo no ano 1995. Edicións Do Cumio.
• Banda de Gaitas Ancoradoiro. “Sui Generis”. Gravado nos estudios Sonyarte de Vigo en 1998. Edicións Do Cumio.
• Salterium, “Aí queda iso”. Gravado nos estudios Élite de Vigo en 1998. Edicións “Trebón”.
• Blanco, “Agua para vivir”. Fonomusic 1998.
• Alberto Conde Grupo, “Celtrópolis”. Gravado nos estudios Dubbing Hispania de Madrid en 1999. CLAVE Records.
• El Consorcio, “Las canciones de mi vida”. Sony Music. 2000
• Baccara, “Face to Face”. Gravado nos estudios ASHRAM de Madrid no 2000, Arcade Music España.
• Ska-P, “Planeta Eskoria”. Gravado nos estudios Red Led. Madrid. 2000. BMG Ariola España.
• Blanco, “Sueñas con la Luna”. Gravado nos estudios ASHRAM de Madrid entre Agosto e Octubre do 2000.Bat Discos S.A.
• Nacho Cano, "Nacho Cano" Gravado en Galicia, Nueva York, Londres e Madrid en 2002. NOCONTROLES S.L.
• Ardentía "Retellando", Gravado nos estudios Sonyarte de Vigo en 2002. Edicións Do Cumio.
• Lorena Lores, “Dúas Beiras”, gravado no estudio Casa de Tolos en Nigrán en 2006.
• Crema de Gaita, “Tangalego”, gravado nos estudios Sonyarte de Vigo en 2006. Ouvirmos.
Más en:
http://juanluna.wordpress.com/
Aberto prazo de inscrición gratuíta para o Obradoiro de composición de Santiago Auserón. 24-28 de marzo Na Coruña (palexco). Se queres asistir só tes que enviar un correo indicando nome completo e localidade de procedencia a: cultura@coruna.es Máis info en http://acorunason. eu Saúde!
Hola chavalote, gracias por agregarnos en tu lista de colegas, ya sabes que aqui tienes unos amigos, sobre todo el jefe de la tropa, grandes fistas que pasamos juntos, no te olvido, haber si nos vemos por ai, feliz 2008
hola markos, saludos desde euskal herria. espero ke el viaje de vuelta fuera trankilo, ha sido un placer kompartir escenario kon un titan komo tu estamos en kontakto. besarkada bero bat,o lo ke es lo mismo,un aperta kuidate mutxo, ire a visitarte seguro je je je luisillo
Hello Marcos Camos, thanks so much for being friends... and thanks for taking time for visiting our site! We wish you all the best, ..peace, light and love on your way!!!! Great music!!!! Our best regards from Osiris Taurus Amira xx
Thanks so much for adding me! I hope I can
further your understanding of our universe,
and give you realistic hope for "faster than
light" travel without violating relativity!